25 de mayo de 2023, 21:16
Que os mozos e mozas que residen en Xinzo de Limia teñan acceso á vivenda sen as dificultades que se están atopando no mercado inmobiliario. Este é unha das medidas que impulsará Elvira Lama cunha rede de vivenda accesible a prezos axeitados. O seu programa, que foi desgranando nos últimos días, inclúe propostas para todos os sectores da poboación e, especialmente, para aqueles colectivos máis vulnerables. Así, proponse tamén a creación dun Plan de Emprego Local que defina os postos de traballo que se necesitan e nos que existe carencia de especialistas, co fin de loitar contra o desemprego. Ademais, demandaranse novos ciclos de formación acorde coas demandas de cada sector.