O equipo de Elvira Lama ponlle banda sonora a súa campaña coa “playlist” coral das 23 persoas que conforman a candidatura

A Lista da lista
O equipo de Elvira Lama ponlle banda sonora a súa campaña coa “playlist” coral das 23 persoas que conforman a candidatura

Por cada nome, unha canción que reflexa que este grupo suma gustos e ideas, acompaña á xente sen dirixila, aportando ideas e proxectos ambiciosos e mesturando sensibilidades

“Que yo nunca llego tarde, llego cuando hay que llegar”. É o momento de Elvira Lama, de que o seu lema Xinzo Funciona poida seguir sendo unha realidade. Tamén é este un anaco da letra da canción elixida pola candidata socialista á Alcaldía e que encabeza “A Lista da lista”, unha playlist interxeracional elaborada polas 23 persoas do seu equipo, que suma gustos e ideas, acompaña á xente pero non a dirixe e suma así proxectos e, con eles, sensibilidades.

https://open.spotify.com/playlist/5Q474eBTMxb7zf1gomofn7?si=NL_qkSc7S3qZtWxviUcczQ&nd=1

Esta proposta musical elaborouse coas aportacións de todos os candidatos e candidatas, para escoitar e deixarse escoitar. Diferentes estilos musicais e de diferentes décadas que dan como resultado 23 cancións variadas, unha lista moi completa e coral.

Todos os membros do equipo elixiron un tema importante para eles, nalgún caso a banda sonora de toda unha vida. É, en definitiva, unha proposta musical como moito significado e feita con agarimo para a cidadanía. Unha lista que funciona, como funciona Xinzo de Limia con Elvira Lama.

Jarabe de Palo, ABBA, Patti Smith, Queen, SÉS ou Metálica , entre outros grupos, conforman a playlist que xa se está a difundir para o disfrute da poboación. En cada tema, unha mensaxe. “Don´t stop me now”, “People have the power “ ou “Heroes” son algúns dos títulos que inspiran esta proposta que xa resoa no concello de Xinzo de Limia, para cantar e bailar con naturalidade, para mirar ao futuro con confianza, ilusión e entusiasmo, para que nada se pare.