O alcalde de Rairiz deberá abandonar o seu posto tras ser inhabilitado por prevaricar

O alcalde de Rairiz deberá abandonar o seu posto tras ser inhabilitado por prevaricar

A Audiencia Provincial de Ourense acaba de confirmar a sentenza

A Audiencia Provincial de Ourense comunicoulle está mañá a Xaquín Rodríguez que ten que deixar o seu cargo como alcalde de Rairiz de Veiga. Está inahbilitado por oito anos e medio, apartado de cargos públicos tras confirmarse a sentenza de prevaricación administrativa continuada, por contratos de obras, suministros e persoal ilegais. Os feitos remóntanse a súa época como rexedor do BNG.

Xaquín Rodríguez foi condenado en xuño deste ano e o PSOE, quen denunciou os feitos, xa pediu a súa dimisión en reiteradas ocasións, ó entender a súa incompatibilidade co cargo. Dende entón a reacción do ata agora alcalde de Rairiz, foi convocar só plenos ordinarios e non extraordinarios nos que se producise o relevo.

Agora a tenente de alcalde, Asunción Morgade será quen ocupe o cargo ata novo aviso.