A alcaldesa de Rairiz cesa os seus tenente de alcalde

Manuel Ferreiro
A alcaldesa de Rairiz cesa os seus tenente de alcalde

Pouco máis de un mes duraron no cargo os dous tenentes de alcalde nomeados por Asunción Morgade fai tan solo dous plenos.

As augas parece que seguen cada día máis revoltas no PP de Rairiz de Veiga.

No pleno ordinario que mañá as 13:00 celebrará a corporación municipal de Rairiz, a alcaldesa nomeará dous membros novos para acompañala na xunta de goberno. Un dos nomeados é o concelleiro que fai os mesmos días se pasou o grupo dos non adscritos.

DOUS HISTÓRICOS DO PPdG.

Manuel e Xosé Antonio do PP mantiveron un pulso coa alcaldesa do seu propio partido, pulso que parece que perderon, polo que mañá serán cesados. Estes dous concelleiros xa votaron en contra da aprobación de facturas presentadas, da última etapa do inhabilitado pola xustiza , o exalcalde Xaquín Rodríguez.