Ten que elixir entre os consellos de Xaquín ou os nosos.
Desta maneira se dirixiu á alcaldesa o concelleiro do seu propio partido Manuel ferreiro. A primeira negativa xurdiu no punto onde Morgade Rúa, alcaldesa que sucedeu a Xaquín, condenado pola xustiza, pretendía aprobar facturas extraxudiciais da súa última etapa por importe de 99.000€. Os tres tenentes de alcalde, do seu mesmo partido PP , xunto cos dous do PSdG de Pablo Lorenzo, votaron a este punto , que NON. A alcaldesa só logrou sacar adiante un punto por unanimidade. O que quedou patente na corporación é a intención dos tres tenentes de alcalde, membros da comisión de goberno de romper canto antes coa figura do anterior alcalde, e da súa “singular” e xa condenada pola xustiza , forma de gobernar o concello. Artículos relacionados, prema aquí