Asunción Morgade elexida alcaldesa de Rairiz de Veiga cos votos de todo o seu grupo

alcaldesa
Asunción Morgade elexida alcaldesa de Rairiz de Veiga cos votos de todo o seu grupo

No pleno tomou posesión o novo concelleiro do PP Manuel Corderí

O pleno transcurriu sen sorpresas e Asunción Morgade saiu elexida alcaldesa cos votos de tódolos membros do seu grupo de goberno. Tomou a palabra un dos concelleiros que no pleno de decembro non apoiou a toma de posesión de Morgade como rexedora, para xustificar ese feito considerando que naquel momento non se estaba a cumprir a lei, e por iso rexeitou darlle o seu voto.

Acto seguido, procedeuse a toma de posesión do novo concelleiro do Partido Popular, Manuel Corderí quen xurou o seu cargo perante o pleno, e que pasa a ocupar o vacío deixado trala dimisión de Xosé Xaquín.

Finalmente levouse a cabo a votación dos dous candidatos á alcaldía de Rairiz, Asunción Morgade polo PP e Pablo Lorenzo polo grupo socialista, coa vitoria da representante popular.

A oposición quixo tomar partida coas palabras do líder socialista, Pablo Lorenzo, quen agradeceu que volva a normalidade ás sesións plenarias "sen insultos cara a miña persoa e permitíndome que poida intervir por primeira vez dándome a palabra", declarou. O socialista tamén lle puxo deberes a Asunción en tanto que lle pediu que non permitise a entrada de Xaquín ó Concello, como así lle constaba por testemuñas que o viran entrar na casa consistorial en repetidas ocasións. Neste senso Morgade sinalou que as visitas do ex rexedor se debían a asuntos administrativos, como facturas que ela non sabía xustificar.

Lorenzo tamén lle pediu unha auditoría das contas "para que os veciños e veciñas coñezan a situación que deixou Xaquín" dixo, e engadiu "quero que rematen as mentiras como cando dixeches que te presentabas como independete e o día seguinte te uniches ó PP". Pola súa banda, Asunción Morgade comprometeuse a gobernar polo ben de Rairiz de Veiga e por voltar á normalidade. A actual alcaldesa tamén lle fixo un guiño a Xosé Xaquín sinalando que "tivo fallos pero tamén acertos como as obras que fixo para o pobo, como gardería ou a residencia de maiores".

Os líderes dos populares e socialistas selaron o incio dunha etapa de respeto e cordialidade cun apretón de mans.