ATAQUE AO CAMPO DA FESTA DA ROMARIA DA SAINZA E AOS VECIÑOS

IMG-20210114-WA0006
ATAQUE AO CAMPO DA FESTA DA ROMARIA DA SAINZA E AOS VECIÑOS

Así cualifica os feitos AGER, o principal grupo de oposición en Rairiz de Veiga

Os veciños aparcaron os seus coches no lugar, para impedir a continuación das obras

Nota de prensa enviada polo grupo de concelleiros de AGER:

O día 12/01/2021 deron inicio as obras para a construción dun almacén no terreo comunal do campo da festa da Sainza. As obras iniciáronse sen información pública algunha e sen o coñecemento dos veciños, aos que non se lle pediu autorización explícita para levantar no lugar unha enorme nave de máis de 200 metros cadrados para gardar maquinaria.

Os veciños de A Saínza presentaron unha denuncia anta a Garda Civil que xa apareceu para tomar fotos.

IMG-20210114-WA0005Os terreos onde se pretende levantar a nave son terreos propiedade en man común do veciños de A Saínza de Abaixo, A Saínza de Arriba, Currás, Os Salgados e O Toxo, tal e como acredita o Xulgado Provincial de Montes en Man Común, no seu acordo celebrado con data do 13 de Outubro de 1983. Estes terreos veñen Segundo o PXOM de Rairiz de Veiga como solo de equipamento, feito que non acredita a propiedade dos mesmos.
Os veciños titulares dos terreos, non teñen constancia de ningún tipo de acordo para a cesión de dito terreo ao Concello de Rairiz de Veiga. Non se ten constancia da convocatoria de asemblea de comuneiros para a cesión de ditos terreos, pois non foi publicada en tempo e forma ningún tipo de asemblea.
ACORDO PARA A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO SOCIAL
Houbo acordos previos, para a construción do centro social que se localiza na mesma parcela, pero este acordos estaban referidos ao terreo necesario para a execución de dita edificación, e non para a totalidade do campo. Algo no que parece que se quere escudar o concello a mala fe para xustificar a súa actuación precipitada e irresponsable. Que segundo indica a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, é necesario acreditar a dispoñibilidade dos terreos, dita dispoñibilidade debe indicarse na acta da obra.

Ante este proceder tan pouco axeitado e caciquil moitos veciños exíxenlle ao concello que pare as obras e faga as cousas ben, escoitando a veciñanza e pensando ben a ubicación, e que non ten sentido facer no medio dunha zona de celebración de todos os veciños e xente da comarca.