Baltar e o parlamentario Miguel A. Viso, danlle entrada no PP a unha “alcaldesa que non o é”

Pablo PSOE Rairiz
Baltar e o parlamentario Miguel A. Viso, danlle entrada no PP a unha “alcaldesa que non o é”

Non lle chegou fichar a Xaquín (xa sentenciado), se non que agora recibe a súa ilegal sustituta que di que Xaquín foi o mellor alcalde que pode ter Rairiz.

Pablo PSOE Rairiz 2Desta maneira tan taxante Pablo Lorenzo, exprésase despois de ter na man o informe da secretaria do concello, que di Polo exposto, no pleno celebrado o día 15/12/2015 non cumpriu coa legalidade esixida, e polo tanto non axustado a dereito .

O INFORME XA O TIÑA A CANDIDATA ASUNCIÓN MORGADE

A secretaria, unha vez tomada nota da renuncia do anterior alcalde Xaquín Rodríguez por sentenza firme de inhabilitación, emitiu un informe que lle fixo chegar a naquel momento Teniente Alcalde, de como tiña que facer as cousas.

A candidata, agora xa membro do PP, non solo fixo caso omiso, se non que as preguntas dos membros do pleno, non lle deu a palabra, e continuou coa celebración do plenario, que ela xa sabía por ese informe que ía ser ilegal.

Pero non satisfeita co feito, declara nun medio de comunicación, que ela non pretende estar a \“altura\” de Xaquín que foi un gran alcalde.

TAMÉN ELA PODE IR O XULGADO.

Visto o informe da Secretaria , que xa sabía que non podía presidir o plenario e que tiña que esperar a que se incorpore o novo concelleiro, estudiaremos unha posibilidade de acudir os xulgados por prevaricación, co cal seguiríamos na mesma liña do anterior rexedor, que é a quen ela admira, e sería non solo a alcaldesa máis nova da provincia, se non a máis rápida en ir o xulgado.

BALTAR & FLORENTINO

Por último o concelleiro socialista arremete outra vez contra o presidente do Partido Popular e a súa identidade futbolística co club branco ,no que o seu presidente ten a mesma habilidade para os fichaxes de adestradores.