O PSOE de Rairiz presenta un recurso para que se repita unha investidura de alcalde legal

abellas
O PSOE de Rairiz presenta un recurso para que se repita unha investidura de alcalde legal

Unhas 30 persoas participaron no curso para aprender a coidar e mellorar os apiarios

O CDR O Viso en Lodoselo, acolleu este sábado e domingo, uns talleres para mellorar as prácticas no mundo da apicultura. Arredor de 30 persoas de Monterrey, A Limia, Laza e mesmo Esgos, participaron no curso onde aprenderon un pouco máis sobre a reprodución e multiplicación do apiario, a ameaza da avéspora velutina, a adecuada alimentación e tratamento das abellas ou mesmo aspectos sobre o calendario de tarefas.

En total foron 12 horas de curso que se impartiron na aula do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en Lodoselo e na aula de "Apìpolis, en Xeve (Pontevedra). Un fin de semana de convivencia e sobre todo de intercambio de saberes sobre o fascinante e complexo mundo das abellas.

Tanto alumnas e alumnos como profesores quedaron tan satisfeitos coa experiencia que van seguir en contacto para compartir as aventuras da apicultura.

Este curso enmárcase no programa de formación financiado polo Fondo Social Europeo e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.