jueves. 23.03.2023
NOTA DE PRENSA PSOE

O Concello de Rairiz de Veiga, négalle ó grupo socialista a documentación que solicitaban a semana pasada.

O17M5017
Alcalde Rairiz de Veiga

O Concello de Rairiz de Veiga, négalle ó grupo socialista a documentación que solicitaban a semana pasada.

Pablo Lorenzo portavoz do PSdeG-PSOE neste concello rexistraba a semana pasada unha solicitude onde reclamaba que Xaquín lle comunicara o pleno a súa incompatibilidade, que se declararan nulas todas as súas firmas dende a recepción da notificación da sentencia e que se lle pasara copia o grupo socialista de todos os informes e notificacións que calquer órgano do concello lle fixera o alcalde dende que foi  inhabilitado.

Lorenzo  declaraba:  Que non se convoque o pleno e algo que entra dentro da moralidade e da ética de cada un, xa que non ten obrigación o non termos 1/3 da corporación, e cando se fala da ética e moralidade política de Xaquín, xa nada me sorprende, tras o paso do BNG  a independente nunha lista do PP despois a militante do PP e agora a independente ou non se sabe moi ben a que, todo por manterse pegado a ese sillón, ó cal di que non lle ter apego, pero a os feitos me remito, outro asunto totalmente diferente e o non facilitarlle á oposición o acceso a os informes e notificacións que lle fixeron os órganos do concello a Xaquín tras ser inhabilitado, neste caso xa non falamos de ter ou non ética senón dunha ilegalidade e dun incumprimento claro do artigo 77 da Ley 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local  no que se recolle que:

 “Todos los miembros de las Corporaciones locales tienen derecho a obtener del Alcalde o Presidente o de la Comisión de Gobierno cuantos antecedentes, datos o informaciones obren en poder de los servicios de la Corporación y resulten precisos para el desarrollo de su función.

La solicitud de ejercicio del derecho recogido en el párrafo anterior habrá de ser resuelta motivadamente en los cinco días naturales siguientes a aquél en que se hubiese presentado”

                        Lorenzo remata pedindo que Xaquín deixe o orgullo persoal a un lado e que mire polo ben dos veciños, o pobo de Rairiz non merece un concello paralizado por capricho dun alcalde inhabilitado.

Comentarios