Esta foi unha das controversias entre a alcaldesa e a oposición, ante a pregunta de como vai facer para aforrar cartos , e non ser o 3º concello da provincia con máis morosidade.
A alcaldesa contestou que aforrará votando persoal, aínda que ela vai a seguir cobrando.
Ante a petición de Manuel Ferreiro, ata esta semana portavoz do PP, agora en” territorio hostil”, de que ensinara de unha vez as contas, tal e como prometeu, Asunción Morgade respondeulle :
Mandeiche unha carta certificada para que viñeras a comisión, pero non acudiche, así que agora…”. Manuel di que non recibiu nada.
PETICIÓN POR ESCRITO
Outra das cuestións na que a alcaldesa se comprometerá a traer este pleno era á dos informes de reparo que lle fixera a Secretaria durante o seu curto mandato, ó que a mandataria respondeu : “non teño porque darchos”
Ante esta situación os catro membros da oposición xa asinaron un escrito con rexistro de entrada no concello, solicitándolle os informes a secretaria.
Tampouco trouxo ao pleno os membros que conforman a asociación que se fai cargo da festa da Sainza, cuestión que tamén se comprometerá a entregar neste pleno celebrado na mañan do xoves en Rairiz de Veiga.