Conta atrás para a Romaría da Saínza 2016

21.09.14.RAIRIZ.DE.VEIGA.ROMARIA.DA.SAINZA.
Conta atrás para a Romaría da Saínza 2016

A piques está de comezar unha das celebracións máis destacadas da Limia, a Romaría da Saínza na honra da Virxe da Mercé e que se festexa dende 1840. O festexo comeza o venres 23 e prolóngase ata o domingo 25.

Os primeiros ensaios xa deron comezo no campo do castelo para que todo estea listo cando chegue a loita entre mouros e cristiáns. "Se guerra queredes, guerra teredes", con este grito ábrese a batalla campal que cada ano se representa na Saínza e que remata coa vitoria dos cristiáns. Veciños e veciñas de Rairiz de Veiga preparan os traxes para a tradicional representación que terá lugar o sábado á noite e o domingo a mañá a carón do castelo.

sainzada

Como novidades este ano terá lugar a I Feira de Artesanía Sainzarte. O campo do castelo acolle este mostra de artesáns de toda Galicia que se vai celebrar o sábado de 12.30 a 19.30h. Este mismo día tamén se organiza a I Quedada de Músicos Tradicionais no campo da festa da Saínza a partir das 12.30h.

Volve a Noite Moura cos concertos de Ménãge à Trois o venres ás 3h da mañá e o grupo Derroche o sábado ás 2.30 da mañá no campo da festa.

A programación complétase coa actuación da orquestra Galilea o venres a partir das 23h, a Royal o sábado dende ás 22h e a Paris de Noia o domingo ás 18.30h. A xornada do domingo estará amenizada pola charanga XL de Xinzo con dous pases un de 14 a 15h e outro de 16.30h a 18.30h.

O pasarrúas de gaiteiros do domingo corre a cargo da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Os máis pequenos tamén teñen o seu espazo no cartel de actividades con xogos populares no campo da festa o venres a partir das 17.30h.