O delegado da Xunta mantivo unha reunión coa alcaldesa de Rairiz de Veiga

221221 Rairiz de Veiga
O delegado da Xunta mantivo unha reunión coa alcaldesa de Rairiz de Veiga

O delegado territoria Gabriel Alén, tivo a ocasión de analizar xunto coa súa rexedora, Josefa Asunción Morgade, as necesidades do seu concello e as aportacións do Goberno galego, como o caso das axudas de preto de 40.000 euros do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas da Consellería do Medio Rural; ou os case 12.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a reparación e mellora de sendeiros e a súa divulgación dentro das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera.