"Fun vítima do machismo por parte destes concelleiros quen non admitiron que a alcaldesa fose unha muller"

Asunción Morgade
"Fun vítima do machismo por parte destes concelleiros quen non admitiron que a alcaldesa fose unha muller"

Asunción Morgade mantén que os edís expulsados do PP quixeron apartala do ámbito político

A semana pasada coñeceuse a nova de que a dirección provincial do PP emitiu un expediente de expulsión a Manuel Ferreiro y a José Antonio Fernández, ata entón concelleiros do goberno de Rairiz de Veiga. Unha semana despois, a alcaldesa califica a situación como "calma e tranquilidade".

Asunción Morgade segue a defender a presencia do ex rexedor na reunión co conselleiro pese as críticas fortes da oposición.

Que suedeu coa xuntanza co conselleiro na Xunta, porque acudiu con vostede o ex alcalde de Rairiz?

"Xaquín non acode a esa reunión co conselleiro a petición miña, si dos responsables da empresa adxudicataria da residencia, porque para ben ou para mal Xaquín foi alcalde de Rairiz de Veiga durante 17 anos, e eles consideraron que podía colaborar e exponer a situación actual da residencia, xa que no seu mandato se construíu a residencia, empezou a funcionar con xestión publica e posteriormente con xestión privada por parte de esta empresa adxudicataria, da cal os seus xerentes tamen asistiron a citada reunión como se pode observar na foto."

É certo que o anterior rexedor acude con frecuencia ó Concello de Rairiz tal e como manteñen membros da oposición?

"Xaquín nos últimos meses apenas acode o concello, e si o fixera no seria ningún delito, xa que el e veciño de Rairiz e o Concello e un edificio público no que non se lle pode restrinxir a entrada a ningún veciño.

Hai facturas pendentes de pago do anterior goberno que vostede ten levado a pleno, son irregulares como consideran os socialistas?

"Eso é o que di o PSdeG, estas facturas non conteñen ningún reparo por parte da secretaria deste concello."

Considera vostede que ten o apoio dos veciños e veciñas de Rairiz?

"Si, así o demostraron os veciños e veciñas de Rairiz fai un ano nas eleccións municipais e das que eu era o número dous da candidatura do Partido Popular, e os veciños falaron nas urnas otorgándonos un resultado de 7 concelleiros de 9."

Que proxectos ten previsto sacar adiante para o pobo?

"Están en marcha proxectos tales como a equipación de parques infantís, obras de limpeza e mantemento da rede viaria do concello, incluindo novo asfaltado de algunhas pistas, construcción de depósitos de auga, alcantarillado en dous pobos, obras de ampliación do velorio municipal, e do campo de fútbol, e seguir fomentando a posta en marcha e remodelación do servizo de protección civil, xa que a día de hoxe contamos con 40 voluntarios."

A nivel emprego como se atopa a día de hoxe Rairiz de Veiga?

"Non tan ben como me gustaría o tema do emprego está mal en todos os concellos da Limia en xeral no só en Rairiz, temos un procentaxe grande de mozos e mozas que buscan emprego e non esta fácil."

E a nivel económico o Concello ten as arcas saneadas?

"Non, pero non ten unha situación das peores da comarca xa que hay concellos nesta mesma comarca que están peor e non contan cos servizos que conta o concello de Rairiz de Veiga, xa que temos funcionando residencia de maiores, gardería, colexio, centro de saúde, piscinas municipais, velorio municipal, autobús propio e o mantemento de todo estes servizos supón un custe elevado, gastos que o mellor no asumen outros concellos desta categoría."

Que opina sobre as persoas que pensan que non vai acabar o seu mandato como rexedora?

"Cada un e libre de pensar e opinar o que queira, as persoas que din eso son as mesmas que forman parte da corporación deste concello, concelleiros que non tiveron reparos en obstaculizar o labor de goberno no concello, colocando todo tipo de trabas, mesmo facendo oposición no propio grupo de goberno. Quero deixar claro nesta entrevista que fun vítima do machismo por parte destes concelleiros, que nunca puideron admitir que a alcaldesa fose unha muller, tratándome como si estivese nun terreo que non é o propio, como si estivese no campo contrario. Con esta situación e presionándome intentaron intimidarme e desincentivar o meu traballo, no ámbito da representación política, para que cehgara a dimitir e colocarse eles na alcaldía que é o que pretenderon desde a dimisión de Xaquín, incluso na prensa e nas redes sociais, e si esta situación se prolonga denunciarei a situación."