O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE RAIRIZ DE VEIGA DENUNCIA AS CONTINUAS ARTIMAÑAS DE AMBROSIO PARA SEGUIR NO SEU CARGO DE ALCALDE

Pablo PSOE Rairiz 2
O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE RAIRIZ DE VEIGA DENUNCIA AS CONTINUAS ARTIMAÑAS DE AMBROSIO PARA SEGUIR NO SEU CARGO DE ALCALDE

Pablo Lorenzo dí que \“Xaquín é un alcalde ocupa\” que xa tería que ter dimitido por coherencia persoal e política

Pablo Lorenzo dí que \“Xaquín é un alcalde ocupa\” que xa tería que ter dimitido por coherencia persoal e política

PABLO LORENZO Pablo Lorenzo portavoz do grupo Municipal Socialista de Rairiz de Veiga explica que Xaquin Fernández Ambrosio foi condenado por Sentencia de 26 de Junio de 2015 dictada polo xuzgado do Penal nº2 de Ourense, a unha pena de inhabilitación especial para empleo ou cargo público por un período de 8 años e 6 meses como autor criminalmente responsable dun delito de prevaricación continuada, tipificado no art. 404 del C.P.

Lorenzo denuncia que Ambrosio sigue coas \”súas artimañas\” para seguir no cargo. A principios do mes de agosto correspondería a celebración dun pleno ordinario que non convocou, para que a oposición non lle poidera presentar ningunha moción na que se solicitase entre outros asuntos a súa incompatiblidade. Pola contra convocou un Pleno Extraordinario para mañá día 27 de agosto para evitar calquer posibilidade de remoción do cargo.

Continua Pablo dicindo que vai a seguir pedindo a celebración dun pleno ordinario para poder exercer as labores de fiscalización e control que lle corresponden e plantexar temas de interés para o concello Rairiz.

O portavoz remata pedindo que Xaquín deixe o orgullo persoal a un lado e que mire polo ben dos veciños, o pobo de Rairiz non merece un concello paralizado por capricho dun alcalde inhabilitado.