Morre atragantado mentres ceaba

167
Morre atragantado mentres ceaba

En Sabariz do concello de Rairiz de Veiga

Arsenio C.L. de 45 anos morreu na noite de onte no lugar que ceaba tódolos días.

Moi coñecido na comarca Arsenio traballaba nunha coñecida empresa de Celanova de áridos e pertencía a unha familia de 11 irmáns , todos eles moi coñecidos na comarca.

Cando chegaron o lugar do suceso a dotación do 061 nada puido facer por reanimar a Arsenio. Existe bastante confusión sobre o obxecto que fixo que a cea de Arsenio acabara desta maneira tan fatídica.

Segundo aparecía nos xornais esta semana, nun informe da fundación Mapfre en Galicia prodúcense mais mortos por afogamento con comida que en accidentes de tráfico.