NON PODEMOS SER MACHISTAS, POSTO QUE QUEN GOBERNA EN RAIRIZ E UN HOME (Xaquín Rodríguez Ambrosio)

M.Ferreiro e José A. Fernandez
NON PODEMOS SER MACHISTAS, POSTO QUE QUEN GOBERNA EN RAIRIZ E UN HOME (Xaquín Rodríguez Ambrosio)

Declaracións en exclusiva a dendealimia dos concelleiros \“díscolos\” Parte I

Despois da recente entrevista deste medio a alcaldesa Josefa Asunción Morgade, tachando ós históricos do PP de Rairiz de Veiga, Manuel Ferreiro e José Antonio de machistas , a resposta dos mesmos non se fixo esperar: \“goberna un home a través dunha muller, non pode haber machismo por parte nosa\”.

Unha vez máis unha cortina de fume, baixo o pretexto do machismo pon de manifesto a falta de argumentos políticos para discutir ou mostrar ós veciños os problemas reais do Concello. \“ O entrar en descualificativos persoais é o máis fácil\”, asegura Ferreiro . Ó que engade José Antonio, que \“non só no xeito de presidir o Concello, senón neste tipo de declaracións, segue o mesmo libro que Ambrosio\”.

\“ É un veciño especial porque ninguén vai tanto ó Concello\”

O retrouso de Ambrosio leva sendo nestes últimos anos : \“acósanme\”. O certo é que no bombo dos municipios da provincia cae case sempre a bola de Rairiz de Veiga. Non só para ser as risas do propio Concello, senón que van máis alá: o abrazo de Baltar ás portas do colexio, a foto de Santiago, a caseta na feira de Silleda, a visita a diario ó Concello… E se se mira un chisco atrás : vai visitar ó socialista Pablo Lorenzo ó seu posto de traballo, as cámaras do Concello,sen autorización para vixiar ao persoal, sobre de todo a unha traballadora en particular e infiltrar un topo cando o PP estaba na oposición….estes son os méritos do \“emérito\”

Cal sería o cualificativo que mellor o definiría.?

Verdadeiramente é un fóra de serie. Con estas actitudes \“exemplares\” calquera crítica pode percibirse coma un acoso. PeroJosé A. Fernandez así e todo afirma José Antonio que \“ un bo político ten que ser crítico e saber aceptar as críticas ; a política que non acepta as críticas convértese nunha ditadura\”.

Tanto Ferreiro coma José Antonio, invitan a Josefa Asunción e a Ambrosio que denuncien ante a autoridade competente, tanto ó machismo que sufre ela como o acoso que lle fan padecer a el. Se non o fan, poderán ser eles quen o fagan, posto que eses cualificativos, sen probas, en varios medios de comunicación son unha difamación…

Na seguinte entrega farán un análise das contas da festa da Sainza..

(Parte II)