Pablo Lorenzo recibe o apoio do PSdeG provincial na súa loita pola transparencia en Rairiz de Veiga

PABLO LORENZO
Pablo Lorenzo recibe o apoio do PSdeG provincial na súa loita pola transparencia en Rairiz de Veiga

María Quintas considera impecable a labor do voceiro socialista

A dirección provincial do PSdeG de Ourense respalda o traballo do voceiro dos socialistas de Rairiz de Veiga. Esta defensa pública ven polas falsas acusacións e insultos, din, que ten recibido Pablo Lorenzo no exericio das súas obrigas como representante público.

PABLO LORENZOA Secretaria da Organización provincial, María Quintas, sinala nun comunicado que "é imprescindible a tarefa que está a desempeñar Pablo Lorenxo na oposición, a súa labor de fiscalización é impecable ata o punto de que a Xustiza ratificou as denuncias públicas por irregularidades que viñan cometendo por parte do ex alcalde", sinala.

Os socialistas provincias apuntan que a situación política do Concello de Rairiz de Veiga é de total inestabilidade e non lle ven poucas trazasde muda nun futuro. Consideran que irá a peor se a actual rexedora, presuntamente, permite que Xosé Xaquín siga exercendo de acalde na sombra.

Tamén lle botan en cara a Asunción Morgade que convocase un pleno de investidura de xeito ilegal ata o punto que tivo que repertirse. O grupo socialista considera que tiveron paciencia de abondo pero van dar un paso e máis e manteñen que "imos solicitar un Pleno Extraordinario para que a alcaldesa dea explicacións á veciñanza das presuntas reunións de cariz político que mantén co ex rexedor no seu despacho".

Ante todo isto solicitan que volva a noramalidade democrática ó consistorio e que se dea paso a unha verdadeira rexeneración política.