jueves 28/10/21

Piden a dimisión da rexedora de Rairiz por permitir que o ex alcalde acudira con ela a unha xuntanza na Xunta

Os socialista pídenlle explicacións á consellería pola presenza "dunha persoa inhabilitada para exercicio público"

rairiz

    O Grupo Municipal Socialista no Concello de Rairiz, tivo coñecemento da presenza do ex-rexedor da localidade, Xaquín Rodríguez Ambrosio, inhabilitado para cargo público, nun encontro oficial entre o Conselleiro de Política Social e a actual alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade.

Segundo informan os socialistas, a reunión tivo lugar o xoves no despacho do conselleiro en San Caetano e deuse conta na páxina oficial da Xunta de Galicia, informando que se trataba dun encontro para afondar na cooperación en materia de atención ós maiores.

A oposición pide a dimisión da rexedora por permitir que o ex alcalde siga tendo contacto cos asuntos que atinxen ó concello. O portavoz do PSdeG de Rairiz non entende como a Xunta aprobou a presenza de Xaquín Rodríguez en dita xuntanza. Pablo Lorenzo sinala que "é imprescindible que o conselleiro Rey Varela dea as explicacións axeitada sobre a participación na reunión dunha persoa inhabilitada para exercicio público".

Os socialistas consideran que Asunción Morgade segue estando tutelada polo ex alcalde para tomar decisión e engaden que "o seu deber é pensar no benestar da veciñanza de Rairiz non nas suas lealdades persoas ou agradecementos varios. O noso partido considera que esta persoa non debe permanecer nin un día máis á fronte da alcaldía pois mentiulle ós veciños prometendo unha época baseada na transparencia e no bo goberno".

 

 

 

Comentarios