Máis da metade do pleno de Rairiz que se celebrou o xoves, xirou en torno á Romaría da Saínza. O concelleiro do PP non adscrito, Manuel Ferreiro, sospeita que a rexedora forma parte da asociación encargada de organizar a romaría.
Asunción Morgade nega estes feitos e ante a petición de coñecer quenes son os integrantes da asociación, ela comprometeuse a presentalos por escrito no vindeiro pleno.
"Estiveches coa Policía Local de Xinzo cobrándolle ós postos, pedindo á cota para a festa e servindo copas no bar", destacou Ferreiro ó que a alcaldesa contestou que "eu só axudei a encher as neveiras nun momento de apuro".
Outro dos puntos polémicos do pleno prodúcese cando Manuel Ferreiro lle recrimina a Morgade que estivera "de risas" coa representante das orquestas que ameazou con denunciar ó Concello por impago de facturas. "Paréceme sospeitoso que si se lle debe 44.000 € esteades de risas con ela ti e un camuflado", refírese Ferreiro ó ex rexedor Xosé Xaquín.
A secuencia completa sobre a polémica que xurdiu no pleno en canto á organizacion da romaría pode verse no seguinte vídeo.