O PSOE de Rairiz denuncia que o concello paga a luz dunha residencia de anciáns privada

rESIDENCIA rAIRIZ DE vEIGA
O PSOE de Rairiz denuncia que o concello paga a luz dunha residencia de anciáns privada

A residencia privatizouse por decisión do actual rexedor alegando que o seu mantemento era moi elevado

O PSdeG-PSOE de Rairiz de Veiga denunciou este martes que o concello paga as facturas de luz da residencia de anciáns que foi privatizada polo alcalde, Xaquín Rodríguez Ambrosio, e que algunhas teñen un custo que ronda os 2.000 euros.

A través dun comunicado, os socialistas sinalan que " esta residencia adxudicouse a unha empresa da que é administrador o actual tenente de alcalde de A Merca. José Manuel Garrido (PP), grupo político ó que pertencía Rodríguez Ambrosio na etapa da adxudicación e privatización da residencia e ó que pertenceu ata que unha sentenza o inhabilitou para cargo público durante oito anos e seis meses", apuntan.

Que a residencia deixase de ser pública e a adxudicación que se fixo,din dende o PSOE de Rairiz que deu como resultado "a contratación da compañeira senimental do alcalde e da esposa dun concelleiro do grupo de goberno".

O portavoz dos socialistas de Rairiz, Pablo Lorenzo, lembra que "mentres se apagan puntos de luz do alumeado púbico, coa escusa do elevado custo que supón mantelo, estanse pagando gastos eléctricos que xera unha empresa privada, gastos que xa están incluídos nas súas tarifas, de modo que os veciños de Rairiz pagan dúas veces polo mesmo servizo", mantén Lorenzo. En referencia a este punto, o voceiro socialista denuncia que hai veciños que teñen que facer uso dunha lanterna para desprazarse polas rúas do pobo cando se fai de noite.

O PSOE de Rairiz de Veiga sinala que os veciños están perdenzo servizos básicos como unha sucursal de ABANCA, un médico do centro de saúde e agora teñen que afrontar a privatización da residencia e o centro de día, din.