O PSOE de Rairiz denuncia que o Partido Popular así coma Feijóo e Baltar seguen amparando o circo no que se converteu o goberno municipal

alcaldesa rairiz
O PSOE de Rairiz denuncia que o Partido Popular así coma Feijóo e Baltar seguen amparando o circo no que se converteu o goberno municipal

Instan ao PP a que aclare esta situación

O Voceiro socialista en Rairiz, Pablo Lorenzo, reitera o seu convencemento de que a nova Alcaldesa, a pesares do que anunciaron, segue baixo a protección do Partido Popular de Ourense.
Instan ao PP a que aclare esta situación, posto que amparan a unha Alcaldesa que defende a figura dun Alcalde inhabilitado.

A pesares de que, tanto, o grupo de goberno coma o Partido Popular insistiron en que se deran de baixa de militancia; a realidade impónse e dalle a razón ao que levan tempo denunciando dende o PSOE de Rairiz.

Pablo PSOE Rairiz 2Asun Morgade, non só foi investida nova Alcaldesa baixo a lista do Partido Popular, senón que foi felicitada, publicamente, polo presidente da Deputación, con foto compartida mediante. A Alcaldesa de Rairiz, constatou así, mediante a asistencia a un acto de campaña do Partido Popular, que segue vencellada co partido e ata se fai fotos con Baltar e co Presidente da Xunta, Alberto N. Feijóo.
Polo tanto, o PSOE de Rairiz ve, máis que reafirmada, a súa teoría de que o Partido Popular nunca deixou de amparar ao goberno de Rairiz, nen sequera ao seu anterior alcalde, inhabilitado por prevaricación.

En verbas de Pablo Lorenzo, Voceiro socialista en Rairiz: \“O PP é cómplice de toda esta situación, posto que acollen na súa lista a persoas que se escudan en que pediron unha suposta baixa de militancia e a unha Alcaldesa que se di independente pero que segue a usar as mesmas siglas para chegar ao poder. Solicitamos que o PP provincial aclare, dunha vez por todas, quen pertence e quen non á candidatura que, inicialmente, presentaron como partido en Rairiz\”.

Asemade, os socialistas de Rairiz, recordan ao Partido Popular que están apoiando a unha Alcaldesa que declarou que terían que pasar moitos anos para que Rairiz tivera outro Alcalde como o anterior e que ninguén podería cheegar á altura de Xaquín Rguez. Ambrosio. O PSOE non entende moi ben a que se refire a sra. Morgade con altura, posto que non cren que un Alcalde inhabilitado como tal por prevaricador, estea realmente á altura do que os seus veciños/as agardan del. Así pois, instan ao PP a que aclare esta situación, posto que amparan a unha Alcaldesa que defende a figura dun Alcalde inhabilitado. O propio Partido Popular está permitindo que se nomease unha Alcaldesa baixo a súa lista, con serias dúbidas sobre a legalidade do procedemento.
Para os populares, o acontecido en Rairiz era, primeiro, unha cuestión persoal e tentaron que se desvencellase ao grupo de goberno, pero a realidade é máis caprichosa e agora xa non esconden o seu apoio, máis que, explícito.