O PSOE de Rairiz non asistirá a ningún pleno ata que o alcalde deixe o cargo

concello de rairiz de veiga
O PSOE de Rairiz non asistirá a ningún pleno ata que o alcalde deixe o cargo

A oposición pídelle ó PP máis respecto ós veciños

Os socialistas non entenden como Xaquín Rodríguez se segue "aferrando" ó sillón trala sentenza da Audiencia Provincial que o inhabilita por prevaricación. Ante tal situación, o PSOE de Rairiz de Veiga comunica que non asistirán a ningún pleno municipal ata que o rexedor deixe o cargo.

O martes terá lugar un pleno extraordinario ás 11 da mañá, tratarán puntos como o sorteo dos membros das mesas electorais xerais de decembro e dar conta dos informes de tesourería e redacación. O portavoz socialista, Pabo Lorenzo, dí que o PSOE non estará presente e fai un chamamento ó PP para que tome cartas no asunto. Sinala que o feito de que o rexedor de Rairiz se dese de baixa de militancia do seu partido foi unha artimaña para evitar a súa dimisión. "Por decencia política deberían dar un golpe na mesa e devolverlle a este pobo e ós seus veciños, un gorberno estable e transparente", declarou Lorenzo.

Sosteñen dende a oposición que o PP sempre foi crítico a tódolos niveis con que o PSOE mantivera a cargos imputados. "A Xaquín mantivérono cando estaba imputado, cando lle abriron xuízo oral e cando o condenou o xuzgado do penal pese a existir unha incompatibilidade en base a lei electoral", denuncian os socialistas.

Por todo isto piden que o rexedor sexa apartado definitivamente do seu posto e que se respecte ós veciños e veciñas de Rairiz.