O PSOE de Rairiz pídelle explicacións ó alcalde sobre a súa incompatibilidade

concello de rairiz de veiga
O PSOE de Rairiz pídelle explicacións ó alcalde sobre a súa incompatibilidade

Queren saber da súa situación logo da sentenza emitida e xuño

Os socialistas levaron ó pleno do día 6, tódolos puntos da lei electoral que teñen que ver coa situación de incompatibilidade, din, do alcalde de Rairiz. Queren saber como está a súa situación trala sentenza do Xulgado nº2 de Ourense do mes de xuño, que inhabilita a Xaquín Rodríguez para ocupar cargos públicos por 8 anos e 6 meses.

Sinalan os socialistas que non teñen contestación e que o rexedor usa "artimañas políticas" para non dar explicacións ó pleno sobre este asunto. O portavoz do PSOE de Rairiz sostén que "evita convocar plenos ordinarios de xeito que a oposición non pode levar mocións nin realizar a labor de control e fiscalización que lle corresponde a este asunto". Pablo Lorenzo engade que "o único que se busca é que se cumpra a lexislación vixente, e está moi clara a situación na que se atopa o actual alcalde".

Lorenzo sinala que Xaquín non é un imputado calquera, nin unha persoa que se atopa en situación de apertura de xuízo oral,"é un condenado por sentenza, situación da que actualmente non quere dar explicacións", apunta o socialista.