O PSOE de Rairiz solicita a nulidade de todas as actuacións que faga Xaquín Rodríguez, como alcalde

PABLO LORENZO
O PSOE de Rairiz solicita a nulidade de todas as actuacións que faga Xaquín Rodríguez, como alcalde

Nun escrito presentado no día de hoxe 8 de xuño na secretaría do Concello


PABLO LORENZOPablo Lorenzo, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Rairiz de Veiga, rexistrou hoxe martes 8 de xullo no concello unha nova solicitude para reiterar a obligación que ten o pleno de declarar a incompatibilidade que presenta Rodriguez Ambrosio tras a sentenza dictada polo xulgado do penal nº 2 de Ourense o pasado 26 de xuño, na que se condenaba a Xaquín a 8 anos e medio de inhabilitación.

Lorenzo recorda que a pesar de non ser unha sentenza firme a ley electoral e moi clara neste apartado, recolle textualmente que son inelegibles \“ Los condenados por sentencia, aunque no sea firme, por delitos de rebelión, de terrorismo, contra la Administración Pública o contra las Instituciones del Estado cuando la misma haya establecido la pena de inhabilitación para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo o la de inhabilitación absoluta o especial o de suspensión para empleo o cargo público en los términos previstos en la legislación penal\”

Dada a incompatibilidade que amosa Xaquín o PSdeG-PSOE de Rairiz, ven de solicitar que se declare a nulidade de todas as actuacións ou actos administrativos que firme ou firmara Rodriguez Ambrosio dende a notificación da Sentenza.

Pese a decir que non lle tiña apego o sillón, Xaquín segue sen dimitir e sen comunicarlle o pleno a incompatibilidade que amosa, levando ó concello a un estado de ingobernabilidade.