Rairiz cederá as instalación da gardería por non poder pagar os gastos de mais de 4000 € que lle costa

concello de rairiz de veiga
Rairiz cederá as instalación da gardería por non poder pagar os gastos de mais de 4000 € que lle costa

No pleno celebrado esta semana o grupo de goberno propón a cesión das instalacións da gardería a un autónomo e despedir aos dous e medio traballadores que soporta a mesma ata agora cun custo de mais de 4000 € as arcas municipais para atender a tan so 5 nenos e nenas.

RAIRIZ V2Esta será a primeira das medidas anunciadas por Asunción Morgade para comezar a rebaixar a débeda do concello, que ela cifra en mais de medio millón de euros. As outras medidas que pretende tomar, non as quixo explicar de momento. O que ten claro e que o seu concello ten una elevada \“nómina de persoal\”.

Non obstante a medida quedou \“porriba da mesa\”, posto que segundo indicaron dende o grupo socialista, faltaba completar o expediente.

O representante socialista Pablo Lorenzo, criticou tamén a contratación dun asesor xurídico cun custe de 13.000 € anuais en vez de compartir a secretaría do concello con outros da comarca para así poder aforrar.Esta proposta foi apoiada polos edís Manuel Ferreiro e José A. Fernández ex PP.

CONCENTRACIÓN PARCELARIA CONTRA A PERDA DE POBOACIÓN

Outro dos temas que se levou a pleno por parte dos membros da oposición foi o da perda de poboación nestes últimos anos nos que o concello pasou de case 1400 habitantes a pouco mais de 1300.

Segundo explicou Asunción Morgade . "La medida que vemos a corto plazo para incentivar el asentamiento en el rural es la concentración parcelaria", explicó Morgade. "Estamos trabajando ahora en Guillamil y Sabariz".

MERCADO EN CONGOSTRO

O grupo municipal socialista presentou una moción que foi aprobada por unanimidade que consiste na creación dun mercado artesanal en Congostro para incentivar e potenciar o turismo na zona.

O propio membro da corporación Pablo Lorenzo ofreceuse para colaborar para a posta en marcha.