domingo. 02.04.2023

Cos votos dos concelleiros do PP e a abstención dos dous concelleiros ex –PP e os votos en contra dos dous edis  do PSOE, aprobáronse os presupostos para este ano no que segundo manifestou no propio pleno o portavoz socialista Pablo Lorenzo, son  unha continuidade dos anteriores, pero incrementando o gasto de persoal ata chegar ao 52% de todos os cartos.

Os socialista preguntaron tamén pola débeda viva que mantén nestes momentos o concello, e como pensa afrontala.

A Alcaldesa Asunción Morgade admite que a débeda real entre bancos e provedores pode estar preto do millón de euros.

PECHE DA GARDERÍA

349Contestando as preguntas do portavoz socialista de como pensa reducir os gastos, Asunción  dixo, que entre outras cousas pechar a gardería infantil. De momento os país xa están avisados de que o primeiro de setembro, non haberá prazas na gardería de Rairiz. Estanse facendo xestións para que poida funcionar doutra maneira con 1,5 traballadores, pero de momento hai que pechala por non ser asumible o seu custe.

Os socialistas insistiron en que  a partida de persoal ascendía a a “604.000” € dos traballadores mais “43.000” € directamente entre a propia alcaldesa e a concelleira con media adicación.

XAQUÍN SEGUE A GOBERNAR?

350O portavoz do grupo independente  manuel Ferreiro   preguntou a alcaldesa en rogos e preguntas, se xa estaba solucionado o problema da auga en Sabariz. A alcaldesa contestou que o problema fora que se estropeara unha bomba, pero que solucionou con prontitude e que ela mesma encargarase de xestionar o envío dun camión de bombeiros con auga para encher o tanque.

Nese momento   apuntou que segundo as súas pescudas, antes de que ela fora coa solución xa o anterior alcalde aparecera no lugar dos feitos para tranquilizar a persoa, ofrecéndolle el  o camión dos bombeiros.

“Isto é para que vostede diga que nos exasperamos cando seguimos dicindo que quen segue a mandar e o anterior alcalde”, como comprenderá, continuou   Ferreiro , ese é un problema que lle debe preocupar a Sra. Alcaldesa.

Comentarios