Rairiz de Veiga licita 2 postos de polbería e 5 de comida na Saínza

sainza 2
Rairiz de Veiga licita 2 postos de polbería e 5 de comida na Saínza

O ente municipal outorgará a autorización de instalación destes postos mediante un contrato de 4 anos.

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense vén de publicar, o pasado venres día 9 de decembro, un anuncio de licitación por parte do municipio limián de Rairiz de Veiga para a instalación de 2 postos de polbería e 5 postos de comida na feira municipal da Saínza.

O ente municipal outorgará a autorización de instalación destes postos mediante un contrato de 4 anos. O procedemento é aberto e o único criterio de valoración será a oferta económica por parte dos interesados, sendo o tipo de licitación mínimo de 505 euros anuais por cada posto de polbería; e de 2.000 euros anuais para o posto de comida.

A data límite de presentación de ofertas é o vindeiro día 24 de decembro –a contar 15 días naturais dende a correspondente publicación do anuncio no BOP– e deberá cumprimentarse no Rexistro Xeral do Concello de Rairiz de Veiga, de 9 a 14.30 horas.