Rairiz de Veiga rexistrou un terremoto de 2.2 graos na xornada do mércores

rairiz
Rairiz de Veiga rexistrou un terremoto de 2.2 graos na xornada do mércores

O municipio de Rairiz de Veiga rexistrou un terremoto de 2.2 graos na escala de Richter o pasado mércores.

Segundo informou o goberno español, en 72 horas a terra tremeu en tres provincias galegas. Outro dos sismos que se produciu foi un en Porto do Son, A Coruña, cunha magnitude de 2 graos e outro na localidade pontevedresa de Pazos de 2.2 graos. Xa en Lugo, en Baralla, tamén tremeu a terra cun terremoto de 2.2 graos. O de maior intensidade foi o de Triacastela cunha magnitude de 2.9 graos.

Con todo ó ser sismos de intensidade tan baixa, foron imperceptibles para os cidadáns por producirse a máis de 20 quilómetros baixo terra.