A Romaría da Saínza participa na feira de promoción turística de Silleda

rairiz3
A Romaría da Saínza participa na feira de promoción turística de Silleda

O Concello de Rairiz de Veiga conta cun posto na Festur 2016

A Romaría da Saínza está de promoción na feira Festur 2016, un evento que congrega a 37 festas de toda Galicia e que se celebra estes días en Silleda.

O Concello de Rairiz de Veiga conta cun posto propio no que mostrar material relativo ó festexo de mouros e cristiáns para informar ós visitantes e mesmo deleitalos con algunha exhibición.

rairiz 1

O stand da Romaría da Saínza poderase visitar ata o domingo día 12 e convivirá no espazo con outras festas destacadas da comunidade como o cocido de Lalín, o Entroido dos Xenerais do Ulla ou a Maruxaina de Cervo.