Os socialistas de Rairiz de Veiga impulsan medidas para eliminar amianto tóxico das canalizacións de agua potable dos pobos do concello

62
Os socialistas de Rairiz de Veiga impulsan medidas para eliminar amianto tóxico das canalizacións de agua potable dos pobos do concello

Esta será unha das mocións que levarán o próximo

Os socialistas de Rairiz de Veiga queren acabar de inmediato coas canalizacións elaboradas con fibrocemento –un material prexudicial e prohibido na UE dende hai unha década– que subministran auga potable a vilas do concello e, por iso, rexistraron unha moción para o seu debate e votación no próximo pleno municipal, na que reclaman proceder, de xeito inmediato, á substitución dos tramos da rede de abastecemento que contan con canalizacións fabricadas con estes materiais que poñen en risco a saúde dos veciños e veciñas.

A moción reclama a supresión do amianto en tódalas construción deste concello ourensán que aínda conteñan este material, e pon o foco especialmente na rede de abastecemento das localidades de Santa Baia e A Saínza. O texto solicita a posta en marcha de campañas de sensibilización e información para os habitantes da zona. Tamén propón instar a Deputación de Ourense á creación dunha liña de axudas públicas para a eliminación do amianto, e a adopción dun convenio marco cos municipios para a elaboración dun inventario que recolla a presencia do amianto nas construcións de titularidade municipal. Ademais, reclama á Xunta de Galicia a que elimine este material tóxico das construcións da súa titularidade.

O voceiro do PSdeG-PSOE neste concello, Pablo Lorenzo, considera \“imprescindible e inaprazable\” retirar, de inmediato, o amianto das canalizacións de agua, así como \“fundamental\” informar a poboación dos seus riscos. \“Debemos dar a coñecer o procedemento de detección do amianto e os problemas que comporta para a saúde, así como o grave risco que supón a manipulación inadecuada para evitar problemas durante o proceso de retirada destes materiais e os seus residuos\”, asegura.

Lorenzo demanda a implicación \“inmediata\” da administración autonómica e provincial: \“O tratamento e retirada destes materiais é complicado pola súa perigosidade e custoso para ser feito polos veciños e veciñas e, por iso, moita xente segue a convivir cos tóxicos nas súas casas ou granxas\”. \“Esta situación de permanencia do produto tóxico entre a veciñanza debe implicar ás administracións públicas\”, insiste. O voceiro do PSdeG-PSOE en Rairiz de Veiga recorda que \“ante a inacción do PP nas administracións públicas, os socialistas sí traballamos activamente para impulsar medidas en prol da protección da saúde e para a eliminación do amianto e doutros tóxicos".