Visita turística e privada a Rairiz de Veiga

Visita Xefa teritorial a Rairiz2
Visita turística e privada a Rairiz de Veiga

A Xefa Territorial de Educación e Cultura Mercedes Gallego acompañada de amigos, a maioría do seu departamento, visitaron na tarde do martes diversas igrexas e casas reitorais da Limia

Actuando como cicerone da visita, o letrado Limiao, Delfín Caseiro , esta comezou cun xantar nun coñecido restaurante da rúa dos viños de Xinzo, para despois dirixirse ata a \“Carballa da Rocha\” para repoñer as enerxías que ían a dilapidar perante toda a visita.

RETABLO DE RAIRIZ DE VEIGA

A seguinte parada foi para visitar a Igrexa parroquial de S.Xoán de Rairiz, que alberga uns dos retablos máis impresionantes da comarca. Neste momento uniuse a comitiva, totalmente privada, o párroco de Rairiz D. J.Emilio Casal Selas , o cal deulle boa conta a Xefa sobre as bondades do espectacular retablo do século XVIII , obra de Francisco de Moure e José Seguín este último nado ó pé da igrexa. . Non obstante Mercedes, cuxa adicación a arte é realmente a súa profesión, fixo reflexionar ao párroco, que a peza máis importante da igrexa, non estaba no retablo Maior, se non nunha Virxe que se atopa nun dos retablos laterais que é unha peza moi pequena, pero de orixe románica.

Visita Xefa teritorial a RairizRematada a visita a Rairiz, onde tamén \“tiña moito que dicir\”, o Sr. Caseiro, entre outras cousas confesou que el fora sancristán desa igrexa. A \“comitiva\”, dirixiuse ata Guillamil, onde tamén o mesmo párroco presume do retablo da \“última cea\”.

Finalizaba a visita á parroquia de Sta. Baia de Berredo, neste caso no Concello de A Bola, quedando sorprendidos co retablo barroco de \“Castro Canseco\”, o canastro único na súa categoría e a impresionante reitoral , que noutro tempo foi Priorato do mosteiro de Celanova.

Nin que dicir ten que os ilustres visitantes gozaron dunha tarde repleta de arte románico, manierista e barroco. E como non, D. J.Emilio, tamén presumiu das súas administracións parroquiais, e coñecéndoo, supoñemos que aínda que a visita era totalmente privada e turística aproveitaría a ocasión para que a Xefa Territorial tomara conta da situación deste patrimonio, que seguro necesita algún arranxo.