Xaquín segue mandando en Rairiz, segundo din os concelleiros cesados, que seguen no PP

Asunción Morgade
Xaquín segue mandando en Rairiz, segundo din os concelleiros cesados, que seguen no PP

O pleno celebrado onte en Rairiz de Veiga, aprobou o nomeamento dos novos tenentes de alcalde, un deles do grupo dos non adscritos

Os dous concelleiros cesados como membros da comisión de goberno do Concello de Rairiz non teñen dúbidas, de que o seu cese é unha orde directa do anterior rexedor, condenado e inhabilitado.

Ferreiro e Fernández din que se manteñen no grupo do PP, pero que votarán en conciencia cos intereses do pobo de Rairiz, que foi quen os elixiu.

Avisan os outros concelleiros do PP de que están a apoiar unha alcaldesa que soamente segue os ditados do Xaquín (ex alcalde) e que se libren de aprobar as facturas que xa foron dúas veces o pleno e que o asesor do partido, xa avisou de que si se aprobaban poderían unha ilegalidade, que non solo pode levalos a inhabilitación, se non tamén o cárcere.

«Non se vos ocorra aprobar estas facturas -generadas durante la gestión de Rodríguez, unos 100.000 euros- porque non solo seredes inhabilitados, iredes ao cárcere»

Tamén estes concelleiros apoiaron totalmente os plantexamentos do portavoz do PSOE , Pablo Lorenzo.

Asunción Morgade, a alcaldesa actual, respostou as acusacións dos seus compañeiros coa indiferencia.

En vindeiras datas incorporarase o concello como concelleira que xa fora tenente de alcalde na etapa de Xaquín como alcalde do BNG