A Xunta fai Declaración de Impacto Ambiental da concentración Ordes-Congostro

rairiz
A Xunta fai Declaración de Impacto Ambiental da concentración Ordes-Congostro

Vén de facerse público mediante publicación no DOG.

En cumprimento do disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a Consellería de Medio Rural vén de facer pública –mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia– a declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da concentración parcelaria de Ordes-Congostro (Rairiz de Veiga) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

A citada declaración pode ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural.