lunes. 25.09.2023

O mércores 13 de Setembro foi o día no que a Xunta asumiu a tarefa de retirada de niños de Velutina no Concello de Sandiás ante doce avisos que estaban en espera. Dita retirada realízase a través do encargo á empresa pública Seaga. Os puntos onde estaban situados os niños eran as aldeas de Cardeita, Sandiás, Lavandeira, Fontela, As Pegas e Piñeira de Arcos.

foto..9

Semanas antes xa interviñera Protección Civil de Sandiás en algún caso de niño urxente, con dimensións moi grandes e moi próximo a zonas habitadas retirando con pértegas.

A empresa Seaga interveu no resto dos dez niños. Algúns deles foron retirados con pértegas de fibras de carbono e na maioría actuouse mediante marcadores de aire comprimido de gran alcance. Un dos niños situado na aldea de Sandiás estaba xa inactivo.

O parecer, segundo os especialistas é  moi importante dar  coas raíñas porque estas xeran  para o  vindeiro ano  centos  delas, o que implicaría  centos de niños e  compre  frear a expansión.

foto..4

A responsabilidade de eliminar ditos niños é da Xunta de Galicia por iso hai que chamar o teléfono que se indica a continuación. É moi importante que os veciño@s avisen no teléfono indicado  cando detecten un niño de avespa velutina para minimizar o seu impacto e frear o seu avance en Galicia, sobre todo nesta época do ano que coincide coa súa maior proliferación.

12 anuncios de niños de velutina en Sandiás fixo que tivera que intervir SEAGA