25.000 € para unha área recreativa

Obras da área recreativa
25.000 € para unha área recreativa
Na aldea de Arcos no concello de Sandiás

Dentro da parcela obxecto de actuación atópase actualmente unha fonte de auga potable dentro dun recinto formado por un peche de pedra e chan a dúas alturas de formigón. O acceso a este espazo da fonte realizase a través de escaleiras de pedra. Na mesma parcela tamén se atopan un par de mesas de pedra e un salgueiro que da sobra a parte da área.

As actuacións de mellora nesta parcela teñen por obxecto crear un área recreativa adaptada as necesidades dos veciños e veciñas de diferentes idades. O orzamento de execución é de 24.145,55 euros que aporta a Red Natura e o propio Concello de Sandias. A área recreativa quedará conformada por tres espazos diferentes: unha primeira zona de mesas adaptada a diversos usos.

Unha segunda zona que conterá unha fonte máis un espazo añadido destinado a actividades para adultos con elementos biosaludables para a realización de exercicio físico (un tipo elíptica e outro tipo ascensor). Limparase a zona de vexetación, fungos e mofos existentes. Melloraráse o firme desta segunda zona e crearáse un acceso con rampla que permita unha superficie continua e libre de barreiras arquitectónicas. Así mesmo mellorarase a evacuación de augas filtradas a través do terreo e da fonte mediante un sumideiro lonxitudinal e unha arqueta. Tamén se realizará un corredor de pavimento de caucho continuo no perímetro do recinto da fonte.

Por último, a terceira zona estará adicada a zona de xogos infantis. Terá un pavimento de caucho, un valado perimetral de madeira para delimitar o espazo dos xogos que incluirá unha porta de acceso. Instalaránse tres xogos infantis para idades entre 6-12 anos (dous tipo resorte e un tipo columpio mixto). Por último dita zona estará sinalizada por un panel coa normativa de uso de parques infantís.

Este tipo de actuacións forman parte dun proxecto do equipo de goberno por crear e conservar de xeito progresivo este tipo de recursos e infraestruturas recreativas nas diferentes aldeas do concello coa finalidade de fomentar espazos ao aire libre para xantar merendar e descansar, diversas zonas de xogo para os nenos e meniñas ou instrumentos para o exercicio físico biosaudable para todos os veciños e veciñas, especialmente os máis maiores.