sábado. 03.06.2023

417.000 € para o saneamento e depuración da aldea de Cerredelo(Sandiás)

Será adxudicado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil
Reunións cos veciños
Reunións cos veciños

O acordo para esta inversión foi asinado polo presidente da Confederación Jose A. Quiroga e o alcalde Felipe Traveso o 14 de marzo do 2022, e esta mañá a Confederación saca a concurso público a execución das obras.

José Miñones e Felipe Traveso
José Miñones e Felipe Traveso

O  investimento estipulado  consta dun total de 355.305,16 Euros máis 61.664,53 de IVA. En total, 416.969,69 euros. A CHMS achega o 80% e o Concello de Sandiás aporta o 20% do total.

A  CHMS licitará,  adxudicará e  xestionará os contratos da obra,  servizos e  calquera  outros necesarios para a  execución  do presente Convenio, ate a terminación definitiva das  actuacións. Os  traballos  proxectados  executaranse  na aldea de  Cerredelo pertencente ao  Concello de Sandiás e o proxecto trata da eliminación de  dúas fosas  sépticas en mal estado e  a construcción  dunha única  nova  recollendo todo o  saneamento  na  mesma.

Para realizar  ditas obras levaronse a cabo varias reunións cos veciños, comprouse unha leira e cedéronse terreos por parte dos veciños para o paso dos tubos.