70 ALUMNOS DO COLEXIO PLURILÍNGUE SAGRADO CORAZÓN DE CELANOVA VISITARON O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA E AS AREEIRAS DE SANDIÁS
Todo iso a través da exposición con pezas históricas, etnográficas, fotografías antigas, vídeos, paneis interactivos...
Así mesmo, expuxéronse proxectos de intervención e mellora, entre outros: o roteiro de avistamento de aves realizado polo Concello de Sandiás, o proxecto da “Poza dos Arieiros” pola Sociedade Galega de Historia Natural e o proxecto de recuperación de dúas areeiras polo Proxecto "Life Rexenera Limia".

A segunda parte das visitas guiadas, tivo un enfoque máis práctico xa que visitaron “in situ” as Areeiras no territorio que corresponde ao Concello de Sandiás. A andaina por esta paraxe é unha auténtica gozada para o disfrute dos sentidos. Concretamente visitouse o Observatorio 1, reproducción dos antigos Palafitos lacustres e o Observatorio 2 (Casa dos Terróns, exemplo de arquitectura tradicional sustentábel).
Nos observatorios, mozos e mozas puideron guiarse polo material didáctico ofrecido polo colectivo "Amigas das Cegoñas" coordinado por Nancy Blanco, consistente na avifauna característica deste punto ornitolóxico asi como pautas para a súa observación e identificación.
Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal herdeiro do xa mítico "lago Beón".