Limpeza, desbroces e obras menores en Sandiás

concello sandias 2psd
Limpeza, desbroces e obras menores en Sandiás

O concello acometeu moitas destas obras durante os meses de agosto a Outubro, con persoal propio do Concello

Entre o mes de agosto e outubro teñen actuado un tractor desbrozadora cedido pola consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia máis o cedido pola Deputación de Ourense dende xunio ata setembro. Os outros dous tractores compartidos cos concellos de Transmiras e Sarreaus actuaron cando lle correspondía o turno. En total catro tractores rozadoras realizando desbroces preventivos de cunetas e moitos kilómetros de pistas por todo o concello. Dende o concello informase que se está en proceso de adquisición dun tractor con desbrozadora lateral que facilite e axilice a mecanización dos desbroces e así optimizar e facer máis eficaz o tempo de limpeza da biomasa.

Actuacións das Brigadas Municipais Antiincendios

foto 35. portadaAsí mesmo as Brigadas Municipais Antiincendios ten feito desbroces manuais nun espazo de 20 hectáreas, especialmene en camiños de monte e áreas recreativas). Tamén teñen como tarefa labores de extinción de incendios pero ata o de agora, non foi necesaria a súa intervención. Actuaron dúas brigadas de cinco compoñentes cada una.

Actuacións das Brigadas de Limpeza no interior dos núcleos de poboación

Estiveron traballando dúas brigadas de limpeza polas aldeas dos 18 núcleos de poboación do concello. Unha de tres membros e outra de dous membros en base ás subvencións concedidas por Aprol (fomento do empleo no medio rural) e Risga (Renta de Inclusión Galega). Adicados especialmente a limpeza de beirarúas, cunetas e outros espazos públicos no interior dos aldeas. Tamén cabe destacar a labor dos operarios do concello que se adicaron tamén a limpar algúns espazos como os observatorios da zona das areeiras.

Limpeza da contorna das casas, das áreas de biomasa da contorna das aldeas e semana de recollida do lixo.

Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre felicitar a veciñanza pola sensibilización crecente que se observa cada ano que pasa na limpieza e desbroce pola iniciativa dos particulares. Compre seguir crecendo en sensibilidade na limpeza e desbroce das áreas de biomasa da contorna dos núcleos de poboación tanto nas parroquias non priorizadas como na priorizada (Santo Estevo de Sandiás). Por último destacar a celebración da III Semana de Medio Ambiente adicada a recollida voluntaria de lixo. Este ano 2021 recolléronse 2.700 kilos de rodas no monte de Sandiás e recolleuse lixo polas cunetas e beirarúas da aldea de Piñeira de Arcos.

foto 34. portadaTantos as brigadas antiincendios como as brigadas de limpeza no interior das aldeas desempeñaron a súa labor con eficacia e bo rendemento. Como recentemente manifestou o alcalde, Felipe Traveso: “ (…) o mérito e da xente que traballa no concello e que fai un traballo fabuloso. Toman todo como se fora a súa casa. Así é moi fácil quedar ben”.

Outras obras de reforma menores

Finalmente, destacar algunhas obras de reforma de carácter menor que se levaron a cabo como determinadas podas, reparacións de paneis informativos, demanda de incorporación de renovadas sinais de estrada na Nacional 525, limpeza da pista de baloncesto en Sandiás para a celebración do Campus de Baloncesto Salva Arco, colocación de novas marquesinas no alto de Novaíño e Couso de Limia, etc.