Ábrese ao público o belén de Piñeira de Arcos (Sandiás)

foto 1
Ábrese ao público o belén de Piñeira de Arcos (Sandiás)

Na igrexa parroquial

Despois do período da pandemia, retómase a tradición deste nacemento, elaborado dende hai catro anos por Carlos García, un veciño da aldea de Piñeira de Arcos no Concello de Sandiás que adicou varios días do seu tempo libre para realizar a montaxe. Neste caso tratou de melloralo con cambios na distribución e novas creacións.

O Belén é realmente un exercicio de fantasía creativa que utiliza os materiais máis dispares para crear pequenas obras mestras cheas de beleza.

foto 9

Como cousas máis reseñables está a transición de día a media tarde e noite, una complexa infraestructura de bonitos efectos luminosos, as casas e o castelo están feitos a escala e inspirados nos da provincia de Xudea. Entre os motivos concretos destacan o forno, carpinteiro, alfareiro, castiñeira e a novidade deste ano, un río con auga.

Poderá visitarse ata o vindeiro 7 de Xaneiro na Igrexa Parroquial de San Xoán de Piñeira de Arcos nos seguintes días e horas:

  • Venres, de 4-5 h.
  • Sábados, de 11-12 h.
  • Domingos, de 11-12 h (antes e despois da misa).