Sandiás aposta por erradicar o feismo

Sandiás aposta por erradicar o feismo
Algúns colectores de lixo da aldea de Couso de Limia e de Vilariño das Poldras estrean estes días un novo sistema de ocultación, e en Piñeira de Arcos mellora da beirarúa e a varanda situada na estrada nacional 525

Algúns colectores de lixo da aldea de Couso de Limia e de Vilariño das Poldras estrean estes días un novo sistema de ocultación. Están cubertos por estruturas de madeira dentro dun proxecto corrixir o feísmo visual que ofrece en determinado lugares a presenza dos depósitos de lixo.

Desde o Concello indican que tamén ofrecen unha maior seguridade viaria, xa que en momentos de temporal resulta máis fácil a súa ancoraxe e evitan que poidan desprazarse e invadir o viario público.

En Piñeira de Arcos leváronse a cabo accións do obradoiro de emprego da vía da prata para a mellora da beirarúa e a longa varanda situada na estrada nacional 525 ao carón do río Piñeira. Remplazaron as baldosas, e sustituiron, endereitaron e pintaron os tramos de varanda deteriorados polo paso tempo.

Xinzo e Sandiás solicitaron á Consellería de Emprego e Igualdade unha subvención para crear unha agrupación para a xestión compartida do programa de emprego e formación con 16 alumnas traballadoras durante un período de tempo de nove meses.

Destácase tamén que as participantes do Obradoiro de Emprego Vía da Prata están a demostrar todo o aprendido nestas actuacións que pretenden revalorizar o Camiño Mozárabe-Sanabrés ao seu paso polas dúas localidades.