Un alcalde da limia someterase a unha moción de confianza que pode acabar coa súa dimisión

Casa consistorial de Sandiás
Un alcalde da limia someterase a unha moción de confianza que pode acabar coa súa dimisión

O rexedor limián vinculará a aprobación dos orzamentos do 2017 a unha moción de confianza. Se a perde, os grupos da oposición disporán dun mes para presentar un rexedor alternativo que tome as rendas do concello.

Felipe Traveso, rexedor de Sandias por AGRELSAN, anunciou hoxe que se someterá a unha moción de confianza ligada á aprobación dos orzamentos do ano 2017. Tras perder a votación dos orzamentos hai apenas unhas semanas co voto en contra de todos os edís da oposición mais o do Grupo Mixto, Traveso someterase á confianza do pleno nos próximos días.

O resultado desta votación é incerto. No caso de que o rexedor supere a votación, permanecerá no posto e os orzamentos ficarán automaticamente aprobados. Así memos, no caso de que sexan máis os votos en contra que a favor, os edís da oposición disporán do prazo dun mes para propór un candidato alternativo a presidir a corporación municipal. No caso de que os grupos opositores se poñan de acordo e presenten un candidato nese tempo, Traveso cesará como rexedor de Sandiás e este municipio terá un novo goberno municipal.

Pola contra, de non haber acordo entre os grupos opositores e de non presentar candidato nos tres días posteriores a ter perdido Traveso a moción de confianza, de novo quedarían os orzamentos do 2017 aprobados automaticamente e Traveso seguiría sendo alcalde.

O mecanismo é similar ao dunha moción de censura nas cámaras lexislativas e non é a primeira vez que ocorre en Galicia. O rexedor da Coruña pola Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, someteuse hai pocas semanas a unha moción de confianza polo mesmo motivo. Agora atópase á espera de que os PPdeG e PSdeG presenten a una candidato alternativo, cousa que non semella que vaia ocorrer.

Traveso afirmou que fai isto "polo ben do meu concello". "Entendo que temos que ter un orzamento para levar adiante o concello", afirma o rexedor actual. "Non podemos estar sempre cos presupostos do ano 2015 pois todos os veciños temos dereito a ter un concello áxil". No ano 2015 os orzamentos eran de arredor de 750.000 € e os do 2017 presentados polo goberno local son de 920.000 €". "Non podemos estar con un presuposto menor do que realmente podemos ter por capricho dos partidos da oposición", declarou Traveso.

"Se presentan candidato pasaremos á oposición e se non a presentan eu estarei sempre traballando polos veciños, pois a iso me comprometín e así o farei", conclúe o alcalde.