miércoles 22/9/21
SEGUEN OS ROUBOS DE MOTORES E BATERIAS

O alcalde de Sandiás "denuncia" tamén roubos nas terras dos agricultores do seu concello

Gasóleo, motores e baterias
Concello de Sandiás
Concello de Sandiás

Hoxe  28 de xullo ás 11:15, o alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso, e membros da Garda Civil, reuníronse para tratar os acontecementos que se veñen producindo, referentes a substraccións ilegais de gasóleo, motores de rego e baterías dos motores de rego nas zonas agrícolas. Os veciños e veciñas vítimas de ditos roubos, non adoitan denunciar xa que son substraccións de escasa contía.

Dende o Concello, recomendamos que os afectados realicen as oportunas denuncias, para que así os membros da Garda Civil teñan coñecemento dos feitos. Así mesmo, solicitamos que se intensifique a vixilancia nocturna da zona por parte dos corpos de seguridade.