O alcalde de Sandiás visita a delegada da Xunta

230719 Alcalde Sandiás
O alcalde de Sandiás visita a delegada da Xunta
Analizaron futuros proxectos conxuntos para o concello

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, segue a manter encontros institucionais cos rexedores da provincia, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos e estudar futuras actuacións a desenvolver nos concellos.

Marisol Díaz recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde de Sandiás, Rodríguez Felipe Traveso García. A delegada territorial fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle a esta representante municipal todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que garantan o progreso e benestar da veciñanza.

230719 Alcalde Sandiás-2A representante autonómica lembrou que nos últimos catro anos Sandiás recibiu do Goberno galego achegas por un importe de preto dun millón de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon a este municipio ourensán máis de 570.000 euros en materia de subvencións; máis de 280.000 euros en convenios; e arredor de 140.000 euros pertencentes a outras actuacións.
Díaz Mouteira enumerou os proxectos que Administración autonómica puxo en marcha durante o período 2015-2019 neste concello como a mellora de camiños, actuacións en terreos Rede Natura enmarcadas no proxecto Regenera Limia, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais e a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, entre outros.