Álvaro de Castro doa a biblioteca do concello a súa tese doutoral

José Gándara e Álvaro de Castro
Álvaro de Castro doa a biblioteca do concello a súa tese doutoral
Álvaro de Castro, é o novo médico titular de Sandiás

O concelleiro de Cultura acompañou ao novo Médico titular no Centro de Saúde de Sandiás, Álvaro de Castro Palomares, con ocasión da doazón que realiza á Biblioteca do Concello da súa tese doutoral titulada O pensamento científico-humanístico, do profesor Luís de Castro García (1912-1977), o seu avó e polo que foi nombrado Doutor en Historia da Ciencia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

De igual maneira publicada pola academia médico cirúrxica de Ourense doa unha nota necrolóxica do seu pai, médico en Entrimo e curiosamente realizada polo que foi durante moitos anos párroco das freguesías do Concello de Sandiás, Manuel Fernández Vidal.

Álvaro foi distinguido na loita contra o COVID en Ourense polo seu traballo na coordinación de residencias de anciáns e é dos poucos médicos con titulo de doutoramento da nosa contorna. O Concello agradécelle as doazóns e deséxalle en nome do alcalde unha boa andaina persoal e profesional.