Os veciños de Sandiás saíron aos cogordos

IV xornadas de micoloxía en Sandiás
Os veciños de Sandiás saíron aos cogordos
Búsqueda, preparación, cociña, e aprendizaxe nas iv xornadas micolóxicas en sandiás

Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. ¿Sodes quen de atopalos e identificalos?. Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos?. Así desafiaba o concello de Sandiás a súa veciñanza para invitalos as IV Xornadas Micolóxicas do 12 de Novembro, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos (Ourense).

Os destinatarios foron os veci@ños que estiveron convocados ao carón da Casa do Concello ás 9.00 horas do Sábado 12 de Novembro. Grazas aos 18 veciñ@s que acudiron a cita pertrechados de roupa e calzado impermeable, navalla, cesto e aperitivo e aos que por circunstancias non puideron asistir. Houbo un pouco de todo: boa compaña, fatigas, disfrutar do bo tempo e alegría por cada encontro das preciadas setas, que por momentos, ofreceron sorpresas inesperadas.

O encontro desenvolveuse ao longo de todo o día. Pola mañá saímos ao monte a recollida. A continuación seguiu a limpeza e preparación e cociñado dos cogomelos. Por último, coa expléndida e experimentada asesoría didáctica de Xosé Luis, da Asociación “Os Cogordos” tivemos un expontáneo faladoiro de cáseque unha hora sobre a identificación dos cógemelos e as súas características.