O CEIP DE SANDIÁS VISITA A EXPOSICIÓN DIDÁCTICA “SIN BIODIVERSIDADE NON HAI VIDA”

Visita do alumnado a exposición
O CEIP DE SANDIÁS VISITA A EXPOSICIÓN DIDÁCTICA “SIN BIODIVERSIDADE NON HAI VIDA”

No centro de interpretación da LAGOA DE ANTELA

Estreouse a exposición didáctica “Sin biodiversidade non hai vida” no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela na semana do 14 ao 27 de Novembro. O estreno foi protagonizado por uns trinta nen@s de infantil e Primaria do Ceip de Sandiás acompañaos dos seus educadores.

Os rapaces foron guiados polos dez paneis da exposición destacando as ideas máis importantes. Nalguns momentos, reunidos en grupos, fixeron actividades prácticas realizadas coa biodiversidade, a contaminación, os hábitat dos animais e plantas e a biodiversidade perdida na desecación da Lagoa de Antela.

A exposición estivo organiza por Ecoloxistas en Acción-Ourense e o Colectivo Amigos de las Cigüeñas-Ciconia coa colaboración do Concello de Sandiás nas visitas guiadas. Ambos colectivos traballan na educación ambiental como elemento clave para o futuro do planeta e da vida.

A exposición está formada por 10 grandes paneis que explican a importancia da biodiversidade, cales son as principais causas directas e indirectas da súa progresiva desaparición e que podemos facer para conseguir a súa conservación. Xunto coa crise climátia é a principal ameaza para a vida no planeta terra. A visita a exposición pódese levar a cabo previa cita chamando ao teléfono do concello: 988 46 50 01.