Charla informativa no Concello de Sandiás sobre a nova Política Agracia Común (PAC) 2023-2027

Asistentes a charla
Charla informativa no Concello de Sandiás sobre a nova Política Agracia Común (PAC) 2023-2027

Participaron aproximadamente 30 veciños e veciñas que traballan no ámbito agro-gandeiro.

O mércores día 23 de Novembro de 2022, en horario de 10:00 a 14:00h celebrouse unha reunión informativa sobre o contido da PAC 2023-2027 na Casa de Cultura do Concello de Sandiás. Nas charlas sobre a PAC 2023-2027, falouse dos cambios deste período, especificando os requisitos e condicionantes para cobrar as novas axudas. Participaron aproximadamente 30 veciños e veciñas que traballan no ámbito agro-gandeiro.

Foto 1. Entrada
Técnicos presentadores das normas da nova PAC

A Comisión Europea ten aprobado o Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC) 2023-2027 presentado por España. Unha PAC que pretente ser “máis xusta, máis sostible e máis social e que dispoñerá do orzamento e as ferramentas necesarias para avanzar cara a unha agricultura máis innovadora e dixital, co foco posto na substitución xeracional”, segundo o ministerio.

Así mesmo, o goberno traballou nos cambios legais que acompañan ao Plan Estratéxico: 18 reais decretos e unha lei, para que a nova Política Agraria Común (PAC) entre en vigor o 1 de xaneiro de 2023.