Comenzaron as obras na estrada entre as Pegas e Cardeita en Sandiás

foto prensa
Comenzaron as obras na estrada entre as Pegas e Cardeita en Sandiás
A obra foi licitada e adxudicada a empresa TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL

Nesta semana de mediados do mes de Xullo deron comenzo as obras de arranxo da estrada entre a aldea de As Pegas e a de Cardeita no concello de Sandiás. As obras están ao amparo dunha resolución pola que se fai pública a relación de axuda ao concello de Sandiás pola cantidade de 40.401 Euros no ámbito do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural (Feader).

A obra foi licitada e adxudicada a empresa TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL. O obxectivo desta actuación e mellorar a capa de rodadura e facer obras de limpeza de cunetas coa finalidade de mellorar a calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. Culminarase a obra co asfaltado da estrada.

Nun bando publicado polo alcalde Felipe Traveso relacionado con esta obra, danse instruccións concretas coa finalidade de evitar tapar as cunetas impedindo a circulación das augas por elas así como, no caso dos accesos as fincas, realizalos mediante sumidoiros e tubaxe de polo menos 50 cms.