Comezou a segunda fase das obras da rúa Sopenedo en Vilariño das Poldras no concello de Sandiás

Obras en Vilariño das Poldras
Comezou a segunda fase das obras da rúa Sopenedo en Vilariño das Poldras no concello de Sandiás
Terán un custo de máis de 48.000 €

No mes de Agosto de 2021 deu comezo a primeira fase das obras de humanización dá rúa Sopenedo na aldea de Vilariño das Poldras, no Concello de Sandiás cun orzamento de 48.000 Euros.

Non mes de Xaneiro de 2022 comeza a segunda fase das obras cun orzamento de 48.000 euros. O total de 96.000 euros estivo financiado con cargo aos Plans Provinciais para os Concellos 2021 da Deputación de Ourense.

O obxectivo desta actuación foi principalmente mellorar o pavimento e a renovación das tubaxes de rede de sumidoiros e auga potable para lograr unha mellor calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. Culminarase, como consecuencia das obras, co alfaltado da estrada que percorre a parte do pobo correspondente.

O Concello de Sandiás estivo inmerso últimamente en varias obras de mellora en materia de abastecemento e saneamento coa finalidade de renovar as redes de saneamento e abastecemento deterioradas con tempo.